Un verán moi seco, extremadamente
cálido e con baixas precipitacións

• A seca está a provocar as primeiras restricións e dificultades na subministración de auga en Sober, Pantón, Ribas de Sil ou Taboada

Galicia rexistrou un mes de xullo moi seco no que respecta ás precipitacións e extremadamente cálido en canto ás temperaturas, cunha vaga de calor histórica entre os días 11 e 15, segundo conclúe o avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia. A anomalía media da temperatura para este mes foi de +2,7 ºC. As temperaturas máximas (+3,9 ºC) foron extremadamente cálidas mentres que as mínimas (+1,54 ºC) foron moi cálidas. Tanto nas máximas como nas medias a anomalía en xullo foi a máis elevada da serie desde 1981.
O valor medio das temperaturas máximas foi de 28,1 ºC. As máis altas rexistráronse na nosa comarca, no Miño ourensán e na comarca de Verín, con valores próximos aos 36 ºC.
No que respecta ás precipitacións, a anomalía media foi un 66% inferior ao valor normal. As chuvias foron escasas e o seu reparto foi moi desigual porque a maior parte das precipitacións tiveron un carácter convectivo. A precipitación media acumulada foi de 11 l/m2, rexistrándose as maiores acumulacións na Terra de Lemos con valores que puntualmente acadaron os 82 l/m2.
Esta situación climatolóxica está a xerar unha seca que ten ao embalse de Vilasouto ao 33% da súa capacidade. Varios concellos da comarca estanse vendo obrigados a tomar medidas, tal é o caso de Pantón, onde se decidiu cortar a subministración de auga entre as 24 horas e as 6 da mañá. Ou Sober que está agora mesmo facilitando cisternas de auga a varios pobos que non contan con traída municipal senón con traídas veciñais nas que escasea o subministro. “Mentres uns teñen problemas outros malgastan a auga con regos descontrolados ou enganches ilegais o que é ilóxico”, resume o rexedor, Luis Fernández Guitián. Pero tamén en Ribas de Sil e Taboada están a sufrir restriccións, tendo prohibido o rego de hortas e xardins, así como o enchido de piscinas e lavado de coches. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Xa está en servizo o novo acceso provisional a Folgoso do Courel, no que a Xunta investiu un millón de euros

Seguinte Nova

Remata o quinto campo de voluntariado no Castro de San Lourenzo

Últimas noticias sobre MEDIO AMBIENTE

Ir aInicio

Don't Miss