No último Pleno de xullo na Deputación de Lugo, o voceiro do Grupo Popular, Javier Castiñeira, trasladou o interese deste grupo, atendendo tamén á petición do alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, e do Goberno local, pola data na que o organismo provincial ten previsto que estean en marcha as instalacións do complexo turístico de Augas Mestas.
Castiñeira lembrou que a voceira socialista e deputada de Turismo, Pilar García Porto, aseguraba en xuño de 2020 no debate dunha proposta dos populares que a expectativa do Goberno provincial era “poñelo en marcha nos próximos tempos, canto antes mellor”. Polo tanto, segundo manifestou o voceiro popular, “queda claro o seu incumprimento: non foi en próximas datas, pasaron xa dous anos e segue pechado”.
Ademais da falta de datas claras por parte da delegada de Turismo, Castiñeira condenou “as formas” que supoñen “unha falta de respecto aos veciños de Quiroga, ao Concello que está preocupado porque funcione canto antes esta área recreativa», e tamén «a todos os veciños da provincia”. Castiñeira considerou “evasivas” as respostas “dando a entender que é un tremendo lío e que non lles interesa”. O voceiro popular sinalou tamén que é “ofensiva a falta de asunción de responsabilidades» de García Porto. «Bota balóns fóra e trata de culpar a unha inexistente concesionaria que practicamente non puido tocar Augas Mestas e a gobernos anteriores». O popular criticou que a socialista» non se dá conta que levan 15 anos gobernando na Deputación sen que fixeran nada por esta área que leva 15 anos pechada», e lamentou que «actúa máis como voceira do PSOE que como delegada de Turismo”. Castiñeira cre que “García Porto debe pedir desculpas aos veciños de Quiroga e dar un paso adiante” porque “o único que nos avanzou é que se acaba de conseguir o permiso da Confederación Hidrográfica; pero aínda hai moitas cousas por diante para facer».•
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, acusa a Monforte de invadir territorio de Neiras e
O Grupo Municipal do Partido Popular de Sarria decidiu persoarse como acusación no procedemento penal aberto
Reunidos en Monforte, piden investimentos en infraestruturas e políticas sociais para combater a discriminación á que,
O Pleno da Deputación de Lugo aprobou por unanimidade unha moción presentada polo BNG para solicitar
A agrupación do PSdeG de Pantón valora positivamente a decisión da Deputación de licitar a mellora