Fernando Carlos Rodríguez elixido presidente dos populares sarriaos logo dun axustado resultado

• O novo responsable local anunciou que vai a traballar pola integración da outra candidatura e apuntou que o proxecto do PP, baseado na unidade, é o único capaz de conformar un goberno local “estable e eficaz na xestión”

A presidenta do PP Provincial Elena Candia entre os dous candidatos, Luis Pardo e Fernando Carlos Rodríguez. Foto GPPP.

O Partido Popular avanza na provincia de Lugo na celebración dos seus congresos locais. O pasado 24 de setembro tocoulle a quenda a Sarria, resultando elixido presidente dos populares sarriaos Fernando Carlos Rodríguez, nun congreso ao que asistiron diversos representantes da directiva provincial, como a presidenta Elena Candia, o coordinador xeral José Manuel Balseiro Orol, ou o secretarios xeral e de orgnización, Javier Nodal e Javier Vázquez Prado, respectivamente.
Ao proceso concorreron finalmente dúas listas -a de Fernando Carlos Rodríguez e Luis Pardo-, logo de que José Manuel Bello retirase a súa nas últimas horas. A votación contou con 240 afiliados, dos que 121 apoiaron a primeiro e, 116, ao segundo. Trátase, por tanto, dun resultado moi axustado que, en palabras da dirección provincial, indica que a militancia deste municipio “interpreta como a necesidade de traballar xuntos e unidos”, pero que tamén deixa entrever unha certa división interna, coa que terá que traballar o novo responsable local, que xa manifestou a súa vontade integradora, pois según declarou, o proxecto do PP, “baseado na unidade, é o único capaz de conformar un goberno local estable e eficaz na xestión, e con capacidade para resolver os problemas que ten o concello de Sarria”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PSdeG e o BNG denuncian as carencias da atención primaria na provincia

Seguinte Nova

Chantada acolleu a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa de Galicia”

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: