Chantada arrinca a tempada de Feiras do Viño coa súa XL edición, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de marzo

• O programa da feira segue a apostar polas agrupacións e as empresas colaboradoras locais, as actuacións na rúa a pé da carpa, as actividades gratuítas para as nenas e nenos e o túnel do viño

Manuel Diéguez, concelleiro de Cultura durante a presentación da XL Feira do Viño de Chantada. Foto CC.

Aínda cos disfraces frescos na retina, (aínda queda entroido esta fin de semana en Pantón), e xa estamos listos para novos festexos, pois xa se están a preparar as feiras de viño da comarca. E a que supón a inauguración destas homenaxes festivas ao viño, é a de Chantada, que este ano chega á súa LX edición, e celebrarase os días 10, 11 e 12 do próximo mes de marzo, segundo deuse a coñecer na presentación levada cabo esta semana no restaurante Os Pendellos, a cargo do concelleiro de Cultura de Chantada Manuel Diéguez. O acto contou coa presenza dalgúns dos adegueiros participantes, de Néstor Quiroga, presidente da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra e o técnico de Cultura, Ramón Caamaño. Presentouse tamén o que será o cartel da Feira, que foi diseñado polo ciruxán e ilustrador Alejandro García.
O programa da feira é continuista, e segue a apostar polas agrupacións e as empresas colaboradoras locais, as actuacións na rúa a pé da carpa, as actividades gratuítas para as nenas e nenos, o túnel do viño, a cata popular e o peche de stands a horas concretas cada día.
O venres, 10 de marzo, os stands das adegas abrirán ás 20 horas e permanecerán abertas ata as 2:30 h. da madrugada. Ese mesmo día haberá Cantos de Taberna e a actuación as 23:30 h do grupo Claxxon.
O sábado 11, a feira comezará coa actuación do grupo de zanfoñas da Tradescola de Lugo, e dos Searas. Haberá tamén actuacións ao longo do día da Agrupación Tradicional da casa da música e do cuarteto Albeiro Ardoa. De 17 a 19 h terá lugar a cata popular na carpa principal, para rematar coas actuacións das orquestras Trebol e Saudade.
O domingo as 10:30 horas terá lugar a cata oficial. Logo actuarán o grupo de gaitas Os Barrios, a charanga Nba e a banda de gaitas do concello de Chantada. Ás 13 horas Antonio López Díaz, reitor da Universidade de Santiago de Compostela, lerá o pregon. Con posterioridade, ás 15 horas, terá lugar a entrega de premios da Feira.
Pola tarde o protagonismo recaerá nas charangas Nba e Louband.
E para tematar a feira, a actuación da orchestra Compostela. Os stands pecharán ás 12:30 horas.
O túnel do viño terá un custo de 10 € e celebrarase coma sempre no Auditorio Municipal. A cata popular seguirarse realizando na carpa principal e terá un custo de 5 €.
Nos mesmos días que se celebra a feira, tamén se desenvolverán a a XIV edición da Feira de Oportunidades e a XIII edición da Mostra de Produtos e Artesanía organizadas pola Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra.
Este ano participan un total de 15 adegas, Os Cipreses. Enonatur Adegas e Viñedos Lareu Adegas Amedo Adega Castrofiz Adegas Condado de Sequeiras Albarduxe Vía Romana Adegas e Viñedos Adega Cabo do Mundo Pilares De Belesar Instinto Romano Adega Diego de Lemos Bodega Pincelo Adega Calexotes Adega e Santa María de Nogueira.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Aberta a inscrición na XIII carreira popular de Monforte

Seguinte Nova

Resposta masiva da comarca na manifestación en Santiago pola defensa da sanidade pública

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss