Resposta masiva da comarca na manifestación en Santiago pola defensa da sanidade pública

Continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública. A última tivo lugar en Santiago de Compostela, onde máis de 50.000 persoas, segundo a organización e ao redor de 25.000 segundo a policía local, manifestáronse baixo o lema na defensa e mellora dá sanidade pública. Queremos a nosa atención primaria. Convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública, esta manifestación contou co apoio de numerosos sindicatos, partidos políticos e institucións públicas de Galicia. Entre eles, deixáronse ver moitos membros da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica da zona sur de Lugo (PLADESAPU), e tamén escoitar, con lemas como “Máis persoal nos centros do rural”, “Non máis recortes na área de Monforte” ou “O rural non se rende, a sanidade non se vende”. Dende Monforte, facendo escala en Chantada e Escairón, enchéronse 2 autobuses de veciños comprometidos, ademáis de moitas persoas que foron nos seus coches particulares. Dende a Plataforma lembran que non rematou aínda o seu traballo e seguirán traballando «para reclamar o cese desta política de recortes; non esquezamos que seguimos sen rehabilitadores no hospital, véndonos na obriga de acudir aos centros privados. Faltan especialistas por cubrir, seguimos sen os médicos suficientes no Centro de Saúde tanto en Monforte como en Pantón, e por informacións que nos fixeron chegar non hai moito, pretenden eliminar dous postos de técnicos de laboratorio creados polo aumento de carga de traballo en dito servizo».
Na manifestación de Santiago tamés estiveron presentes membros do BNG do sur de Lugo, e tamén os socialistas lucenses. De feito, A Secretaria de Organización do PSdeG na provincia de Lugo, Pilar García Porto, reclamou á Xunta de Galicia que “escoite o clamor social” e que “arranxe a situación sanitaria da provincia de Lugo e de Galicia”. “O que vivimos en Santiago foi unha auténtica reivindicación dos servicios públicos na nosa comunidade. O PP ten que deixarse de parches e escusas, e debe arranxar os problemas da sanidade pública. Actúen xa”, subliñou García Porto.
Nesta liña, aludiu ás criticas da Xunta nas que asegurou que esta convocatoria estaba politizada. “A xente que leva meses en lista de espera non fai política. A xente que leva ó neno ó Hula porque non ten pediatra non fai política. A xente que non ten cita en Atención Primaria non fai política. O médico que dobra ou triplica turno non fai política. A cidadanía quere que os políticos lles dean solucións, e esta farta de sufrir a incompetencia de Alfonso Rueda e do Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña”, dixo a Secretaria provincial de Organización.
Pola súa parte, a portavoz nacioanl do BNG, Ana Pontón, quen tamén acudiu á manifestación cualificou este día como “unha xornada emocionante e histórica, na que miles de persoas cargadas de razón e coa forza do corazón se xuntan para dicirlle ao PP que non siga xogando coa súa saúde”. A portavoz nacional explicou que os plans do BNG sempre vai estar do lado da cidadanía, “tanto na rúa como nas institucións” fronte a “un Partido Popular que se converteu nun perigo para a saúde dos galegos e as galegas”. “Basta xa de recortes, basta xa de listas de espera interminables en atención primaria, basta xa de precariedade co persoal que nos coida e ao que nós tamén temos que coidar”, engadiu. “A sanidade pública é unha das grandes conquistas sociais que temos como sociedade. Queremos que nos pidan a tarxeta sanitaria e non a bancaria así que, coa nosa saúde, nin un paso atrás”, concluíu..•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Chantada arrinca a tempada de Feiras do Viño coa súa XL edición, que se celebrará os días 10, 11 e 12 de marzo

Seguinte Nova

A forte nevada, a poucos quilómetros da meta de Sarria, obriga a cancelar a primeira etapa

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: