
O director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou a unidade móbil do programa Coidados porta a porta ao seu paso polo concello lucense de Bóveda. Acompañado do alcalde da localidade, José Manuel Arias, sinalou que este servizo de proximidade permite levar atención gratuíta en podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ao carón das casas das persoas maiores. Esta é a segunda parada que o autobús de Coidados porta a porta fai en Bóveda. Na primeira, que tivo lugar a finais de setembro de 2022, un total de 62 veciños recibiron coidados sociosanitarios. As persoas interesadas só teñen que pedir cita previa nos números de teléfono 622 748 283 ou 623 546 922, ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xuntal.gal.•