Un ano máis, e van corenta e tres, a Feira do Viño de Amandi supérase a se mesma

Un ano máis, e van xa corenta tres as edicións, a Feira do Viño de Amandi, congregou a miles de persoas en Sober, que responderon á chamada da primavera, e á celebración dun brinde pola vida, cunha copa do milenario viño que se fai nestas terras. Esta vez, o invitado para pregoar esta celebración foi o actor e humorista José Antonio Touriñán, quen, como non podía ser doutra maneira, fixo unha intervención chea de retranca, que fixo as delicias dos moitísimos asistentes á Praza do Concello.
O Alcalde de Sober, Luís Guitián, no seu discurso destacou que “é un orgullo moi grande como alcalde poder presumir un ano máis dos mellores produtos que este mundo nos pode ofrecer: viño, oleiría, música e, sobre todo, do mellor territorio posible e todo grazas a contar como veciños cos mellores homes e mulleres, que se esforzan para recibir durante todo o ano e, de forma especial, a fin de semana de Ramos a milleiros de visitantes”.
E aínda que foron moitos os políticos que se deixaron ver pola Feira, non en balde, estamos vésperas de eleccións municipais, os auténticos protagonistas son os viticultores e adegueiros. Neste aspecto, os viños premiados foron:
Categoría de Tintos: Val da Lenda, Regina Viarum e Don Xoán Gullufre.
Categoría barrica: Don Bernardino. 4ª Generación.
Categoría de brancos: Don Bernardino.Categoría de rosados: Regina Viarum.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria remata a liquidación do exercicio 2022 cun remanente de 4,9 millóns de euros para gastos xerais

Seguinte Nova

Carlos Sobera puxo a guinda nunha exitosa edición da Feira do Viño de Quiroga

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss