FANCINE DE LEMOSPRESENTA:A SÚA IX EDICIÓN

Esta semana vense de presentar a IX edición do Fancine de Lemos, un dos principais referentes galegos do cinema fantástico, con cinco días de proxeccións de curtametraxes, longametraxes e actividades paralelas arredor da produción e distribución de proxectos cinematográficos e da arte da creación de pezas e obxectos de terror.
“Ter recibido máis de duascentas curtametraxes significa que o festival está consolidado non só a nivel nacional senón tamén internacional. Despois de tantas edicións, a Fancine de Lemos é unha auténtica aposta polas curtametraxes dentro dos festivais de cine fantástico en España”, destaca Iván Patiño, director do festival dende a súa creación en 2014.
A novena edición do Fancine de Lemos celebrarase entre os días 5 e 9 de xullo e contará cunha selección oficial de vintetres curtametraxes a concurso, escollidas entre máis de trescentas obras do máis puro xénero de terror (“Compañeiros”, de Fernando Tato; «Adorable» de Marcos Colombres; «Cadeas» de Álvaro López; «Dativa» de Daniel Calavera; «Fantaterror» de Néstor Arránz e Óscar Rip; «Psicario» de Daniel Padró Targarona; «Luna» de Daniel M. Caneiro) , outras que engloban o fantástico («Lique», de Anita Pico; «No hay fantasmas», de Nacho Solana; «Ovo», de Stiv Spasojevic; «White Butterflies», de Shuangshuang Yu e Jara García de Viedma), pezas de animación (“Boxfox”, de Aurora González Segura, Ángela Ronco Núñez e Juan José Romero Cortina; “Dennis”, de Carlos Beceiro e Guillermo Garzón), suspense (“A moza da bufanda vermella”, de Martín Cainzos; “Visión parcial de una mañana insólita”, de David Tangarife; “Psycho Shower”, de Yoel Rodríguez.), thriller psicolóxico (“Anecoica”, de Marcos Callejo; «Broken wings” de
Carlos Albero; «En tu mente» de Miguel Bañares; «Retap» de Víctor Marín). Apostas diversas que, segundo Iván Patiño, “reafirman a nosa crenza na importancia deste formato como precursor e inicio de grandes directores e directores”.
O Fancine de Lemos homenaxea na súa novena edición a Marian Salgado, unha das figuras máis importantes do fanterror español, que recollerá o premio honorífico 2023 e que estará presente na proxección de «La Endemoniada».
O broche final do festival será a proxección da película «O exorcista». A continuación, Marc Castro impartirá unha charla sobre «50 anos de O exorcista», onde falará do aniversario da película e da súa importancia na sétima arte.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Festival de Arte, Natureza e Benestar en Bóveda

Seguinte Nova

30 Adegas participarán na quinta edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss