Xa está aquí a sétima edición do 17° Ribeira Sacra cunha coidada selección de 15 bandas e voces procedentes tanto do panorama galego como do estatal e mais do internacional. Os diferentes escenarios do 17° Ribeira Sacra recibirán na última fin de semana de xullo, entre outros, o grupo madrileño Morgan, as bandas belgas dEUS e Oracle Sister, a británica Jane Weaver ou a peruana Pamela Rodríguez. A música galega estará representada polos composteláns de Pastor Eléctrico, a luguesa Catuxa Salom ou os arousáns de Lontreira. dEUS será cabeza de cartel esta edición do festival. A banda liderada por Tom Barman presentará o seu oitavo álbum de estudo, How To Replace It, un son sedutor e profundo que nos lembrará a un Leonard Cohen terreal e as súas cadencias dramáticas remitirannos a bandas como Destroyer, Editors ou Bear’s Dean.
Á oferta musical cómprelle sumar as actividades paralelas que se impulsan para brindarlle ao público experiencias gastronómicas, culturais, paisaxísticas e etnográficas intimamente vencelladas á idiosincrasia da Ribeira Sacra. Citas acústicas, concertos en catamarán e rutas para coñecer o patrimonio son algunhas das propostas deste festival que, un ano máis, ten na gastronomía un dos seus grandes piares. Para esta sétima edición, a selección de pratos para degustación estará elaborada por chefs de renome da zona e repartirase entre o restaurante Vértigo das Bodegas Regina Viarum, que disporá de varios postos de comida durante os concertos que se celebren nesa adega situada en Sober, e A Faragulla, de Chantada, que habilitará unha zona gastro nos recitais de Jimena Amarillo e Catuxa Salom durante a xornada de clausura. •
Últimas noticias sobre CULTURA
O Partido Popular de Sarria advertiu sobre a «deriva económica» do Concello, cun resultado orzamentario negativo
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude está a rematar os traballos de sondaxe e acondicionamento
Técnicos de enxeñaría e mantemento do taller de Ourense visitaron o Museo do Ferrocarril en Monforte
Yolanda Castaño, Premio Nacional de Poesía 2023, ofrecía a pasada semana un recital na Casa da