Os Socialistas de Lugo acusan ao PP de «mentir descaradamente» sobre o estado da atención primaria na provincia

O PSdeG na provincia de Lugo critica duramente o Partido Popular, acusándoo de «mentir descaradamente» sobre o estado da atención primaria. A polémica xurdiu despois das declaracións do director asistencial da área sanitaria de Lugo-A Mariña-Monforte, negando o peche de centros de saúde no rural. O PSdeG lembra que a Xunta pechou o consultorio de Castro, en Carballedo, e precarizou a atención –reducindo días de consulta e persoal- nos de Parga; Castro de Rei; Cervo e Nadela tras mantelos pechados durante meses. Ademais, tivo cerrado o consultorio de Bóveda; deixou o ambulatorio de Castroverde sen médicos no Nadal; e en Negueira de Muñiz non hai facultativo dende outubro. Destacan que o 80% dos concellos carecen de médicos, enfermeiros e pediatras. Comparan co goberno de Touriño, subliñando a rápida atención en contraste coas actuais esperas. Os socialistas responsabilizan o PP pola peor etapa na sanidade, perdendo 900 profesionais en 15 anos. Afirman que a Xunta de Besteiro «recuperará e reforzará» a sanidade pública.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Licitadas as obras para mellorar a accesibilidade da Estación de Tren de Monforte

Seguinte Nova

O PP esixe maior rigor ao Alcalde José Tomé nas súas declaracións sobre investimentos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

Ir aInicio

Don't Miss