O BNG denuncia a insostíbel situación da atención sanitaria no sur de Lugo

Según o BNG, a situación tamén se agrava na Atención Hospitalaria no Hospital Comarcal de Monforte, onde a precariedade afecta tanto a usuarios como a profesionais. Foto ARQUIVO.

A atención sanitaria na zona sur de Lugo está a vivir, según considera o BNG, un deterioro alarmante, con eivas significativas nos servizos que afectan tanto á Atención Primaria como á Atención Hospitalaria. Esta situación insostible está a ter consecuencias negativas tanto para o persoal sanitario como para a poboación.
Na Atención Primaria, a ausencia de cobertura das baixas do persoal facultativo está a xerar graves dificultades para o traballo do resto do equipo, sexa este facultativo, de enfermería ou non sanitario. Isto evidénciase na acumulación de listas de espera, cambios de cita e outras disfuncións que afectan directamente aos usuarios. A falta de recursos humanos está a minguar a calidade do servizo, e é esencial adoptar medidas urxentes para abordar esta problemática.
A situación tamén se agrava na Atención Hospitalaria no Hospital Comarcal de Monforte, onde a precariedade afecta tanto a usuarios como a profesionais. A carencia de persoal facultativo en diversas especialidades médicas persiste desde hai unha década, con especial preocupación na área de psiquiatría. Unha única psiquiatra atende aos pacientes do SERGAS, das residencias de terceira idade e de drogodependencias. Ademais, os usuarios dos centros residenciais, que antes eran atendidos en saúde mental, agora deben recorrer ás urxencias para seren atendidos por un especialista do HULA, e iso incluso por teléfono.
Ante esta situación, o BNG de Monforte de Lemos considera inxusta e vergoñenta a situación actual e anuncia a súa intención de solicitar ao pleno da corporación municipal que inste á Xunta de Galicia a adoptar todas as medidas necesarias para resolver este problema. É imperativo que se tomen accións concretas para garantir unha atención sanitaria de calidade e accesible para todos os cidadáns desta zona.
O BNG reivindica o seu compromiso co benestar da comunidade e urxe a Xunta a priorizar a dotación de recursos humanos e materiais para mellorar a atención sanitaria na zona sur de Lugo. A saúde dos nosos cidadáns non pode seguir en risco, e é responsabilidade de todos traballar xuntos para restablecer un servizo sanitario eficiente e adecuado ás necesidades da nosa comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A situación sanitaria en Chantada: promesas incumpridas e críticas cruzadas

Seguinte Nova

Concentración en defensa da sanidade pública

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss