Renfe inicia nova temporada dos Trens Turísticos en Galicia

Unha variedade de 14 roteiros abrirá as portas nesta nova tempada para que os viaxeiros descubran diferentes recantos galegos repletos de encanto.

Esta tempada ofértanse máis de 2.600 prazas nas 14 rutas dispoñibles dos Trens Turísticos. Foto GPXG.

Renfe dá comezo este mes de marzo a unha nova tempada dos Trens Turísticos en Galicia, unha iniciativa que, en colaboración con Turismo da Xunta e Inorde, achega aos viaxeiros en tren a lugares especiais da xeografía galega. Esta iniciativa ofrece a posibilidade de desfrutar da cultura, o patrimonio, a enogastronomía e a natureza de Galicia da man do ferrocarril e de Renfe. Estes viaxes, nos que se combina ocio, turismo e tren, lanzan unha mensaxe de compromiso co turismo seguro, sostible e de calidade. Ano tras ano, o éxito desta iniciativa reflíctese nos altos niveis de ocupación. Esta tempada ofértanse máis de 2.600 prazas nas 14 rutas dispoñibles: Ruta dos Faros, Ruta dos Queixos, Ruta A Mariña, Ruta dos Pazos, Ruta da Camelia en Flor, Ruta Rías Baixas, Ruta dos Mosteiros, Ruta da Lamprea, Ruta Ribeira Sacra do Sil, Ruta Ribeira Sacra do Miño, Ruta de Valdeorras, Ruta Ribeiro, Ruta de Monterrei e Ruta Experiencia Mega. A reserva e compra dos billetes pode realizarse nas taquillas de calquera estación, na web en www.renfe.com e en axencias de viaxe concertadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Celebrada a primeira xornada participativa para o relanzamento da candidatura Ribeira Sacra a Patrimonio Cultural

Seguinte Nova

Chantada honra o Día Internacional da Muller coa renomeada Rúa 8 de Marzo

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss