Rutas Fluviais: Comeza unha nova temporada

Os interesados xa poden adquirir os billetes a través da web www.reservas.rutasembalses.es

O Presidente da Deputación, José Tomé Roca, durante o viaxe inaugural das Rutas Fluviais 2024. Foto GPDL

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, encabezou a viaxe inaugural desta temporada 2024 das rutas fluviais pola Ribeira Sacra, que xa arranca con 12.000 reservas ata final de ano. A excursión partiu do embarcadoiro de Ponte do Sil en Monforte de Lemos e contou coa presenza de varias autoridades locais e rexionais, entre elas o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, o Deputado de Medio Ambiente, Carlos López; a primeira tenente de Alcalde de Monforte, Gloria Prada; o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos do Concello monfortino, José Luis Díaz; o Alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; e Manuel Feijoo, Concelleiro da Teixeira.
José Tomé destacou o gran interese que xa suscitaron estas rutas entre grupos e familias, antes mesmo de comezar oficialmente. «Esto demostra que é un gran atractivo para a comarca», subliñou o Presidente, quen engadiu que o inicio das viaxes ordinarias coincide coa Semana Santa, o que as converte nun plan perfecto para os días festivos.
José Tomé sinalou que “a evolución nestes últimos anos é moi positiva. Dende que teño a honra de presidir esta institución, é dicir, dende o ano 2019, rexistráronse preto de 240.000 viaxeiros, e iso a pesar do impacto da pandemia. Todos os anos houbo servizo, pero, evidentemente, as restricións da Covid mermaron as visitas”. Nese sentido, explicou que foi o ano pasado, no 2023, cando se conseguiu recuperar as cifras prepandemia, con máis de 60.000 viaxeiros, e neste ano 2024 “esperamos que a tendencia siga á alza e superemos ese dato, que xa é moi bo”.
Esta aposta polas rutas fluviais en catamarán é parte dunha estratexia máis ampla para consolidar un modelo de turismo de calidade e sostible na Ribeira Sacra. A Deputación destina cada ano un orzamento significativo a este fin, considerando que é un investimento cun retorno económico directo e unha promoción a medio e longo prazo da riqueza patrimonial da comarca e da provincia de Lugo.
As reservas para as rutas fluviais pola Ribeira Sacra xa están abertas, con horarios e datas variadas ao longo da temporada. As persoas interesadas poden obter máis información e adquirir os seus billetes en reservas.rutasembalses.es.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Posturas contrapostas nun proxecto que conta cun investimento duns 1.000 millóns de euros

Seguinte Nova

Os Cañones do Sil é un dos destinos máis destacados nas rutas propostas pola Guía de Ecoturismo Eólico

Últimas noticias sobre TURISMO

A %d blogueros les gusta esto: