Os Cañones do Sil é un dos destinos máis destacados nas rutas propostas pola Guía de Ecoturismo Eólico

A Guía de Ecoturismo Eólico de Ventos de Futuro, publicada polo selo ‘Nómades’ de GeoPlaneta, destaca a riqueza xeográfica e o interese turístico, cultural e gastronómico da comarca

Parque Eólico sobre os cañóns do Sil. Foto VDF.

O entorno natural dos Cañones do Sil e da Serra da Capelada emerxen como dúas das principais rutas recomendadas pola Guía de Ecoturismo Eólico. Esta publicación pioneira en España pon en valor o interese xeográfico, turístico, cultural e gastronómico destas áreas rochosas de Galicia que percorren os parques eólicos Sil e Meda, así como o miradoiro do Atlántico Vixía de Herbeira.
«Galicia posúe unha riqueza cultural e un interese turístico tan amplo que resultou moi difícil seleccionar as principais rutas que forman parte desta Guía», explicou o portavoz de Vientos de Futuro, Carlos Martí. «O noso obxectivo foi resaltar a convivencia nos entornos entre a atracción turística e cultural e a eólica. O valor da vida rural debe ser potenciado e conservar as tradicións e formas de disfrutar do entorno», subliñou o portavoz do movemento cívico.
A Guía de Ecoturismo Eólico amosa a convivencia entre o patrimonio histórico, a biodiversidade e a produción de enerxía verde a través de 10 rutas inéditas polo norte do país. Entre elas, destacan os enclaves dos Cañones do Sil e da Serra da Capelada. A ruta da Serra da Capelada transcorre diante do cabo de Estaca de Bares, o espiño rochoso máis septentrional da península, sendo descrita pola autora da guía, Mar Ramírez, como «un paraíso para os amantes do vento e dos acantilados». O Vixía de Herbeira, miradoiro do Atlántico situado nos acantilados máis elevados de Europa, é o «lugar perfecto» para desfrutar do vento. A ruta dos Cañones do Sil, pola súa banda, fai honor á cultura do vento na Ribeira Sacra. Na Cabeza de Meda, onde se agocha unha alomada estribación montañosa desgaxada da alta montaña galega de San Mamede, os parques eólicos Sil e Meda asómanse desafiando ao vento desde as alturas.
A Guía de Ecoturismo Eólico permite explorar o rico patrimonio histórico e natural de España, dende «pobos prerromanos astures ata os infinitos paramos burgaleses pasando polos cañones galegos esculpidos coa combinación do vento e a auga».
O compromiso co territorio é clave. Mar Ramírez, autora da guía, aboga pola importancia dunha «convivencia óptima» entre patrimonio histórico e natural, enerxías limpas e habitantes en cada un dos territorios.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Rutas Fluviais: Comeza unha nova temporada

Seguinte Nova

Chega a neve ás estradas da provincia

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss