O PP de Sarria urxe estudo sobre fibra óptica no concello

O Grupo Municipal do Partido Popular en Sarria levará ao próximo pleno unha iniciativa destinada a abordar a cobertura de fibra óptica no municipio. Co obxectivo de identificar áreas con dificultades de acceso, propoñen a realización dun estudo exhaustivo sobre a rede de fibra óptica, especialmente nas diferentes parroquias que conforman Sarria. Os concelleiros do PP resaltan a importancia desta medida, subliñando que garantir unha conexión de Internet de calidade é fundamental para o desenvolvemento rural. Ademais, sinalan que unha conexión de alta velocidade é esencial para o teletraballo e facilita o acceso a trámites, reunións e contido multimedia, equiparando así as condicións coas áreas urbanas.
Carmen José López, portavoz do grupo, destaca que o acceso a Internet de alta velocidade debe ser un obxectivo claro para as administracións locais. Para respaldar a súa proposta, os concelleiros propoñen duas medidas específicas: en primeiro lugar, realizar un estudo exhaustivo sobre a cobertura de fibra óptica, especialmente nas diferentes parroquias que conforman Sarria. Este estudo pretende detectar todas as áreas con dificultades ou imposibilidade de acceder a este tipo de servizos de telecomunicación.
A iniciativa dos populares busca o acceso equitativo á fibra óptica para os veciños de Sarria, e asegurar que tanto as áreas urbanas como as rurais teñan as mesmas oportunidades de desenvolvemento e acceso ás tecnoloxías de información.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Celebrarase o XXXI Certame Municipal de Teatro en Monforte

Seguinte Nova

A portavoz nacional do BNG reclama maior financiamento da Xunta para vivendas comunitarias en Samos

Últimas noticias sobre SERVIZOS

A %d blogueros les gusta esto: