•A MÚSICA TRADICIONAL ENCHEU QUIROGA. Durante a mañá do sábado 26 de marzo, Quiroga acolleu o I Encontro Infantil do Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas, no marco dos actos conmemorativos da XXXIV Feira do Viño de Quiroga. (Foto: EC).
•A CANTEIRA MUSICAL DE QUIROGA, PARTICIPANTE NO ENCONTRO. A Banda de Gaitas San Martiño de Quiroga tomou parte neste encontro de música tradicional para os máis novos, ofrecendo unha actuación na Praza de España. (Foto: EC).
•ÉXITO DE PÚBLICO. Un total de 11 bandas procedentes das provincias de Lugo, Ourense e Pontevedra, así como de Léon, actuaron no Auditorio Municipal de Quiroga, que acadou un cheo absoluto durante todo o certame. (Foto: EC).
•MÚSICA EN ESTADO PURO. As diversas agrupacións musicais presentes neste Encontro, organizado por Xosé Luís Foxo, actuaron na rúa, coa beleza da paisaxe quiroguesa como telón de fondo. (Foto: EC).