Xa está aberto o prazo para inscribirse no Campus Deportivo de Verán de Monforte, que ofrece dez programacións coas que sacarlle partido ao meses de lecer.
Dentro da oferta para menores de idade, o Campus de Verán inclúe tenis, voleibol, volei praia, baloncesto, fútbol, ximnasia rítmica e natación. Ademais, o Campamento Deportivo de Verán ocupará todo o mes de xullo, repartido en dúas quendas de quince días, con actividades multideporte. A data de remate de inscricións para a primeira quenda é o 28 de xuño, e a da segunda é o 12 de xullo.
Os cursos de natación na Piscina Municipal ofrecen tamén actividades para os adultos, de xullo a setembro, con opcións de 1 ou 2 días á semana cada mes. Os cursos para bebés, infantil e nenos terán periodicidade quincenal.
Para inscribirse nalgúns campus hai que esperar ata finais de xuño. A partir do día 24 abrirase o prazo para o Campus de Baloncesto, e o 17 arrancará a inscrición no Campus de Ximnasia Rítmica e no de Fútbol que organiza o Club Celta de Vigo. •
Últimas noticias sobre DEPORTES
Monforte de Lemos está a piques de acoller un evento deportivo de alto nivel: o Campionato
O Pavillón da Pinguela acolleu a XV edición deste Torneo de ámbito autonómico, organizado polo Club
Preto de 1000 atletas sairon á rúa para participar nunha das probas deportivas máis importantes das
A Sociedade Deportiva Río Cabe foi escollida pola Real Federación Española de Golf como sede do
Despois da vitoria lograda a domicilio a pasada xornada ante o Pontevedra B, a SD Sarriana