A mostra de autómatas Kinetiko percorre nove concellos da zona sur ata setembro

Presentación na Praza de San Marcos de Lugo da mostra de autómatas Kinetiko, coa vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, e o titiriteiro de Trécola, Ero Vázquez, a finais de xullo. GPVDL

A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán a mostra de autómatas Kinetiko, que inclúe diversas sesións en nove concellos da zona sur da provincia. A mostra, que fixo parada en Quiroga o 4 de agosto, está pensada para que o público poida manexar os mecanismos das distintas pezas e ver como funcionan.
As oito pezas únicas foron deseñadas e creadas polo titiriteiro Ero Vázquez, de Trécola, e o xogueteiro Manu Taboada, da Chintofanería, unidos no proxecto Xira Paus. A partir do movemento dunha manivela ou dun pedal, as figuras do pandereiteiro e da guitarrista cobran vida e fan soar os seus instrumentos, e as outras pezas recrean a súa propia historia, como un avó coidando a súa horta, un equilibrista ou unha nena que retira lixo do mar.
O calendario da mostra na zona sur inclúe en agosto unha sesión en Monforte o día 10, outra en Ribas de Sil o 16, e ao día seguinte en Triacastela, para continuar o 25 na Pobra do Brollón, e o 27 en Sarria. Xa en setembro, a mostra de autómatas chegará a Pantón o día 14 e a Bóveda o 15, para rematar cunha sesión en Chantada o 28 de setembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Presentan a Estratexia do Viño, que busca consolidar no mercado o sector vitivinícola galego e potenciar o turismo vinculado ás zonas de produción

Seguinte Nova

Ata finais de agosto para desfrutar das visitas guiadas a puntos de interese na Pobra do Brollón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss