A Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Lugo confirmou que todos os escolares do CEIP Xoán de Requeixo que teñen prioridade para utilizar o comedor escolar están “debidamente atendidos” dende principio de curso. A consellería refutou así as críticas dalgúns pais de alumnos, secundadas polo concello de Chantada, que esixían máis medios para atender a todos os nenos e nenas que contan con prioridade para dispor do servizo de comedor, “porque estas circunstancias xa se cumpren no centro”. A consellería sostivo que o cadro de persoal existente resulta “suficiente” para atender aos usuarios do comedor, e lembrou que a principios de curso producíronse algunhas peticións que tiveron que ser denegadas porque “non cumprían os requisitos establecidos” para acceder ao servizo de comedor escolar.
Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de anunciar o inicio das obras
A actuación completa a mellora do firme levada a cabo no eixe Monforte-Chantada-Lalín na provincia de
O presidente, José Tomé Roca, comprobou o avance dos traballos na LU-P-0901 entre os quilómetros 8,3
A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou un novo investimento que supera os 800.000€