Dentro do ámbito do turismo na zona sur da provincia de Lugo son moitas as ofertas e actividades dispoñibles. De feito, a Deputación de Lugo ven de celebrar fai unhas semanas o primeiro congreso de turismo Destino Lugo, co obxectivo de dar forma, empuxe e coordinación a tanta variedade. O concello de Sarria conta entre os seus principais atractivos turísticos cun tramo do Camiño de Santiago. O 2010 foi ano Xacobeo, e ante esta situación quixemos saber ata que punto se deixou sentir nas rúas de Sarria. As percepcións a primeira vista son todas positivas, sen embargo, é preciso lembrar que dende a asociación de empresas turísticas Lugosur, a súa presidenta, Carmen Martínez, destacou que o 2010 non foi o mellor ano xa que medraron as visitas con motivo do Camiño de Santiago, pero de xeito moi irregular e sen beneficios.
Agustina Xornalista
“Dende o meu punto de vista creo que houbo máis peregrinos que outros anos. Penso tamén que o ano Xacobeo chamou máis á xente, sobre todo coa visita do Papa e cando este chegou a Santiago no mes de novembro, iso moveu máis á xente para que fixese o Camiño, e ao mesmo tempo pasara por aquí antes de chegar á capital. E dende logo, que veñan peregrinos sempre é bo para Sarria, para o concello en xeral.”
Luis Pérez Soldador
“A miña percepción é que sí, que houbo máis xente, bastante máis xente que en anos normais. Aparte teño que dicir que eu paseo habitualmente por aquí e por outras zonas, e dende logo durante o pasado ano vin máis xente que de costume. Ademais de moitas partes e de países diferentes como Francia, Alemaña, etc. E por suposto, iso sempre é bo para o pobo, porque ao haber máis xente sempre queda máis diñeiro.”
Jorge Dono Arias Estudante
“Co ano Xacobeo que se celebrou no 2010 eu vin máis xente polas rúas, vin máis peregrinos, máis movemento e en xeral máis persoas no pobo. E por suposto eu creo que eso é bo para Sarria. Coñecen a vila e tamén a dan a coñecer noutros sitios polos que vaian pasando, e tamén porque sempre deixan máis cartos aquí, ben sexa cas compras que fan nese momento ou porque ao mellor volven de visita se lles gustou.
Rita Ratque Ama de casa
“Eu vin unha grande afluencia de xente, de peregrinos, e sobre todo moitos grupos. Polo demais, moi ben en xeral, para o pobo, que sempre vai a ser positivo, para os hostaleiros, para o comercio e para darlle vida tamén ás rúas. Iso sí, que estivéramos en crise tamén se notou. Os propios comerciantes son os que o din, que os peregrinos van ao xusto e ao necesario, como comer un bocadillo en vez de ir a un restaurante.”