Julia Rodríguez (PP) esixe maior austeridade no Concello de Monforte

Julia Rodríguez, do Partido Popular de Monforte, amosouse fai uns días favorable a reducir nun 50% o número de cargos políticos que cobran do erario público no Concello monfortino, así como o número de asesores que traballan ao servizo do grupo de goberno como persoal de confianza. Segundo explicou, “na actual situación de crise sería irresponsable non actuar de acordo a criterios de austeridade”. “Cando as familias e as empresas monfortinas padecemos as consecuencias da actual situación económica, impónse a necesidade de racionalizar o gasto para destinalo a actuacións prioritarias”, engadiu. A voceira do Partido Popular asegurou que “o PP adopta esta posición que garante a gobernabilidade da nosa cidade, pero mantendo un criterio claro de control do gasto que permita levar a cabo proxectos que os monfortinos necesitan e que, neste momento de crise, van a ser difíciles de afrontar”. Para os populares resulta necesario facer unha profunda revisión das asignacións de carácter político, xa que se ben é entendible que un alcalde dunha cidade de case 20.000 habitantes teña dedicación exclusiva, “non se xustifican outras dúas dedicacións exclusivas e dúas persoas de confianza cobrando do Concello”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Formación e creatividade no obradoiro de Carmen Díaz Núñez

Seguinte Nova

O Movemento 15-M tamén saiu a protestar polas rúas de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: