Estrea da nova corporación de Chantada

Redacción-Chantada

O primeiro pleno celebrado no Concello de Chantada despois das pasadas eleccións municipais deixou un punto, que non incluía a orde do día, máis que claro: o mandato de Manuel Varela para os vindeiros catro anos non se presenta nada doado. E é que no pleno de organización, as propostas que non foron modificadas polos demais grupos políticos, quedaron sobre a mesa. Así por exemplo, o goberno local prantexou a posibilidade de realizar os plenos cada dous meses, pero finalmente, con toda a oposición en contra quedou fixada unha periodicidade mensual. E o mesmo ocorreu coa creación e composición das comisións informtativas e da Comisión Especial de Contas, que ao non contar con ningún voto favorable, quedaron constituídas segundo prantexou a oposición.

O primeiro pleno da corporación contou tamén coa presenza de numeroso público. EC

Asimesmo, como consecuencia de todo isto, tamén quedaron sobre a mesa as remuneracións por asistencia a pleno e comisión municipais, e a designación de representantes do Concello nos órganos colexiados (puntos que foron tratados no pleno celebrado ao peche desta edición, o xoves 14 de xullo ás oito da tarde). Dende o Partido Socialista, José Manuel Ledo criticou que o alcalde non realizara unha reunión previa ao pleno “para tratar todos estes asuntos e chegar á sesión plenaria con certos acordos”. Críticas ás que Manuel Varela respostou dicindo que “ata o momento do pleno non estaban designados os voceiros”. Finalmente, tampouco houbo ningunha proposta en relación ao soldo do alcalde nin dos concelleiros independentes. En canto á composición dos grupos políticos e do goberno local, quedaron definidos os voceiros de cada partido así como as áreas de cada concelleiro. Deste xeito, José Castor Novoa será o primeiro tenente de alcalde e ocuparase de Educación, Deportes, Medio Ambiente e Medio Rural. María Cándida Carnero, como segunda tenente de alcalde ocuparase de Servizos Sociais, Igualdade e Participación Cidadá. Manuel Diéguez Carballo será o terceiro tenente de alcalde e o encargado de Cultura, Eventos, Emprego e Patrimonio. Por último, Pamela Fernández Águila será a cuarta tenente de alcalde e ocuparase das áreas de Saúde Pública, Comercio e Turismo e Xuventude.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Cultura enche os concellos de música no verán

Seguinte Nova

Suspendida a ruta de Belesar pobo debido á baixada do nivel de auga

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss