Resoltos os concursos de Quiroga nas diferentes modalidades

Na fin de semana de Pascua, foron moitos os que se achegaron a Quiroga para festexar o viño artesanal. Calidade, bo trato, bo ambiente e xuventude entregada á que xa é unha cita inesquecible no calendario lúdico completaron a que foi a trixésima edición da Feira do Viño quiroguesa. Logo das celebracións da Semana Santa e da cita co viño da terra, déronse a coñecer os gañadores dos diversos certames que a Concellería de Xuventude de Quiroga ven de convocar no primeiro trimestre do ano.

PREMIOS DE RELATO

Así, os premios doVII Certame de Relato Curto en categoría xuvenil corresponderon a Antía Fernández González (1º premio) por “El voto”; Aroa López Álvarez (2º premio) por “Las tres tareas”; e Antía Rodríguez Casanova (3º premio) por “La espada del Rey”. Na categoría de adultos os galardóns foron para Yolanda de Aguilar Calero (1º premio) por “Un barquito apasionado”; Pedro Naveira Pedreira (2º premio)por “A pantasma da rúa do franco”; e Rocío Leira Castro (3º premio) por “Os xogos da memoria”.

CARTAS DE AMOR

O IX Certame Cartas de Amor “Vila de Quiroga” tivo como gañadores a Merche Zaera Pedreira (1º premio) por “Silencios dun corazón namorado”; Isabel GarcíaViñao (2º premio) por “Entienda a mi corazón”; e Francisco Maceira Rodríguez (3º premio) por “Carta á moza coa que nunca casei”.

DEBUXO INFANTIL

O V Concurso de Debuxo Infantil, organizado pola Área de Educación, tivo como gañadores na categoría de 4 a 6 anos a Nadira Robledo Álvarez (1º premio); Natalia Álvarez Díaz (2º premio); e Iria Alonso Jato (3º premio). Na categoría de 7 a 10 anos, os gañadores foron Lucía Álvarez Domínguez (1º premio); Brais Fernández González (2ºpremio); e Andrea Quiroga de la Piedra (3º premio). Na categoría de 11 a 14 anos, os premios foron para Sara Casanova Martínez (1º premio), e Adrián Rodríguez Santamaría (2º premio).

CAMISETAS FEIRA DO VIÑO

O grupo “Tú si que Bebes” foi o gañador do II Concurso de Camisetas XXX Feira do Viño, e lle corresponde como premio un lote de cinco caixas de viño.

CONCURSO DE TAPAS

O Mesón Escaleira foi o gañador da I Edición do concurso de tapas “Quiroga de Tapas”. Por último, o sorteo dunha noite en Rugando con cea para dúas persoas correspondeulle a Tamara Moral Bascoy.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sarria, un museo ao aire libre en San Lázaro

Seguinte Nova

Constituida a Asamblea Nacionalista de Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: