Na súa visitas a dúas granxas de Triacastela, a conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou que “o éxito comercial da nosa produción cárnica explícase polas explotacións familiares e a utilización das razas autóctonas de Galicia”, especialmente a Rubia Galega. Precisamente para seguir fomentando este tipo de producións e apoiar o vacún de calidade, a Consellería traballa en tres liñas. Por un lado, as axudas aos gandeiros para o desenvolvemento das explotacións e a produción de carne de calidade; por outro, o impulso dos programas de conservación e recuperación das razas autóctonas galegas; e en terceiro lugar, a incorporación no sector cárnico das novas tecnoloxías da información, con especial atención á comercialización áxil e directa da produción, como a Lonxa Virtual.