A Xunta destinou 270.000 euros para manter os empregos de traballadores con discapacidade en entidades da provincia de Lugo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, destinou este ano 273.200 euros a financiar o mantemento de postos de traballo para persoas con discapacidade en centros especiais de emprego da provincia. Mediante este investimento, a Xunta asume parte dos custos salariais dos traballadores dunha ducia de centros especiais de emprego da provincia de Lugo. Estes centros promoven empresas produtivas, participan regularmente nas operacións do mercado e aseguran empregos remunerados, coa característica de que o seu cadro de persoal debe estar constituído polo maior número de persoas traballadoras con discapacidade que permita a natureza do proceso produtivo e, en todo caso, polo 70 % da plantilla sen ter en conta o persoal sen discapacidade dedicado aos servizos de axuste persoal e social.

Entre as entidades beneficiarias figuran Cogami (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade), a Rede Galega de Kioscos, Coinco ou Grafinco, que realizan actividades no sector gráfico e a informática, ou Produtores de Carne da Ribeira Sacra. A Consellería de Traballo e Benestar desenvolve liñas de acción específicas para lograr a integración laboral das persoas con discapacidade, sobre o convencemento de que o acceso ao emprego é tamén elemento decisivo para á súa integración social.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria reivindica as súas tapas

Seguinte Nova

Silvicultura e prevención de incendios forestais: Preto de 60.000 hectáreas anuais, acondicionadas contra o lume

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio