A Xunta aporta 798.907 euros para mellorar os equipamentos culturais de concellos e asociacións

No sur de Lugo, as axudas beneficiarán ás infraestruturas e equipamento cultural dos concellos de Quiroga, Ribas de Sil, Láncara, O Páramo, Sober e Sarria

As axudas aprobadas pola Xunta de Galicia buscan favorecer o desenvolvemento dunha actividade cultural estable e de calidade nos concellos galegos (na foto, a Casa da Cultura de Sarria). EC.

O Diario Oficial de Galicia publicou o pasado 14 de xaneiro a resolución das axudas que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocou a través da Secretaría Xeral de Cultura, destinadas a concellos, asociacións, entidades ou fundacións.

FAVORECER O DESENVOLVEMENTO DUNHA OFERTA CULTURAL ESTABLE E DE CALIDADE

Cun importe total de 798.907 euros, cofinanciados co Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, esta liña de axudas ten como obxectivo favorecer o desenvolvemento dunha oferta cultural estable e de calidade no conxunto dos concellos galegos, tanto a través dos propios entes locais, como a través das entidades culturais, fundacións e asociacións que promoven este tipo de iniciativas.

AXUDAS ATA O 75% DO ORZAMENTO SUBVENCIONABLE

Ao abeiro destas axudas, a Consellería, a través da Secretaría Xeral de Cultura, colabora a sufragar as melloras que os beneficiarios realicen nos seus locais e equipamentos culturais, ata un 75% do orzamento total do proxecto subvencionable.

ACONDICIONAMENTO DE LOCAIS, MELLORA DA ACCESIBILIDADE, E DOTACIÓN DE EQUIPAMENTO ESCÉNICO

Entre as actuacións subvencionables dentro desta liña de axudas inclúese o acondicionamento das instalacións en casas da cultura, centros socioculturais, locais sociais, salas de exposicións, auditorios e teatros, así como a realización de accións encamiñadas á mellora da accesibilidade, da seguranza e á supresión de barreiras arquitectónicas. As axudas tamén contribúen á dotación de equipamento nestas infraestruturas para atender as necesidades de iluminación, megafonía, material audiovisual, informático ou musical, para a realización das súas actividades culturais.

CRITERIOS PARA A APROBACIÓN DAS AXUDAS

Según explicaron os responsables de Cultura, a concesión das subvencións foi avaliada por unha comisión que tivo en conta como criterios prioritarios o número de actividades culturais, a súa repercusión territorial, o fomento de novos usos dos locais, a finalidade concreta do investimento e o nivel de autofinanciamento.

DIVERSOS EQUIPAMENTOS E ACTUACIÓNS DE MELLORA EN ESPAZOS CULTURAIS DOS MUNICIPIOS DO SUR DE LUGO

Na área do sur de Lugo, diversos concellos resultan beneficiados por esta liña de axudas. Así, o Concello de O Páramo recibirá 543,90 euros para equipamento de son e megafonía no Edificio de usos múltiples, e o Concello de Sober contará con 5.024,47 euros para a mellora do acceso de persoas con discapacidade e para a compra dun piano no Centro Sociocultural. Asimesmo, o Concello de Quiroga contará con 768,78 euros para equipamento escénico e audiovisual, e Ribas do Sil percibirá 4.063,62 euros destinados a equipamento xeral. Pola súa parte, destinaranse 2.377,78 euros para o acondicionamento da aula interior da Casa da Cultura de Sarria, e 256,87 euros para o equipamento polifuncional no Concello de Láncara.

AXUDAS DE CULTURA PARA FUNDACIÓNS, ENTIDADES OU ASOCIACIÓNS

Esta liña de axudas tamén beneficia a entidades, asociacións ou fundacións, nos mesmos termos que no caso dos Concellos. Así, entre outras, a Fundación Manuel María -Estudos Galego beneficiarase dunha achega de 2.794,24 euros destinada ao equipamento xeral para o seu auditorio, e a Sociedad La Unión de Sarria contará con 7.527,15 euros para obras no local e adquisición de equipamento xeral.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Artesanía lucense busca mercados en París

Seguinte Nova

Concellos do sur de Lugo e Deputación firman en Monforte o convenio para financiar a teleasistencia domiciliaria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio