A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno avanza no seu Plan de Dinamización

Unha vintena de representantes dos diferentes concellos desde Ponferrada a Santiago reúnense en Chantada para impulsar o turismo na ruta

Representantes dos Concellos do Camiño de Inverno. Foto GPCCH.

Na casa da cultura de Chantada, a Asociación de Municipios do Camiño de Inverno celebrou unha importante reunión na que se abordaron diversos aspectos relacionados co futuro da ruta. Con representantes de máis dunha vintena de concellos, dende Ponferrada ata Santiago de Compostela, a asemblea xeral aprobou o informe de xestión e balance de ingresos e gastos correspondente ao 2023, ademais de comezar a delinear o Plan de Dinamización para os vindeiros anos.
O Plan de Dinamización 2024-2027, presentado na reunión, inclúe catro retos estratéxicos fundamentais: a atención ao peregrino, a visibilidade do Camiño, o aumento de alianzas e colaboración, e a potenciación do desenvolvemento turístico do territorio. Para alcanzar estes obxectivos, os concellos participantes estableceron grupos de traballo para abordar temas como a busca de financiamento, a integración do Camiño de Inverno en ofertas turísticas complementarias como as Rutas do Viño, e a mellora da sinalización e accesibilidade, incluíndo adaptacións para persoas con mobilidade reducida ou limitacións sensoriais.

CHANTADA, PUNTO CENTRAL DO CAMIÑO DE INVERNO
Chantada, como punto central do Camiño de Inverno, xoga un papel destacado neste esforzo de dinamización. Coa súa posición estratéxica, a vila é o punto de partida para moitos peregrinos que buscan completar os últimos 103 quilómetros ata Santiago e recibir a súa Compostela. Segundo Diego Otero, concelleiro de Medio Ambiente en Chantada e representante na asociación, a ruta está a gañar cada vez máis adeptos grazas á tranquilidade que ofrece en contraposición ás masificacións doutros camiños.

ACCESIBILIDADE E CONSERVACIÓN
O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, destaca o progreso da ruta desde a última reunión da asociación en 2019, subliñando os esforzos para mellorar a accesibilidade e conservar o entorno natural único que caracteriza ao Camiño de Inverno. Os concellos comprometidos co Camiño de Inverno promoven unha peregrinación auténtica e enriquecedora, facendo deste itinerario unha opción máis atractiva para os amantes da natureza e da cultura.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Rutas gratuítas para conmemorar o Día da Transrománica

Seguinte Nova

Semente de Monforte cumple dez anos impulsando o emprendemento

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: