
Do 8 ao 10 de febreiro, os integrantes do Club Natación Monforte participaron no Campionato Galego de Natación de Inverno nas categorías infantil e junior, cun gran éxito.
GRAN ÉXITO DO CLUB
Un total de dez medallas (6 de ouro, 2 de prata e 2 de bronce), e uns excelentes resultados en marcas persoais avalan o gran traballo destes xóvenes nadadores e nadadoras, ben comandados polo seu adestrador, Pablo Diéguez. Se o medalleiro é arrollador, os resultados por participante falan por sí sós: os rapaces e rapazas do Club Natación Monforte acadaron 12 mínimas puntuables para o Campionato de España de Inverno, outras 12 para o Campionato de España de Verán, e un total de 23 mellores marcas persoais.
RESULTADOS INDIVIDUAIS
Por participantes, Pablo Valcárce conseguiu tres medallas de ouro e unha de prata, así como tres marcas mínimas para a proba nacional de inverno, e unha para a de verán. Iago Casar acadou tres medallas de Ouro, con tres marcas mínimas para a proba nacional de inverno e unha para a de verán. Asimesmo, Sandra Suñer conseguiu unha medalla de bronce, e catro marcas mínimas para a proba de inverno. Pola súa banda, Patricia González acadou unha de prata e outra de bronce, dúas mínimas para a proba de inverno, unha para a de verán, e unha mellor marca persoal. Isabel Rodríguez e Brenda Martínez acadaron catro mellores marcas persoais cada unha. Asimesmo, Uxía García e Javier Martínez mantiveron as súas marcas.
CAMPEONATO DE ESPAÑA
Con este palmarés, dende o Club Natación Monforte xa preparan con gran ilusión a participación de catro nadadores no Campionato de España, que se disputará o 27 de febreiro en Palma de Mallorca.