Moito máis que un mercado de antigüidades

Todo listo para a II Feira de Antigüidades da Eurorrexión-XVIII Feira de San Lázaro

Na fin de semana do 6 e 7 de abril, a Feira renóvase con actividades para cativos, sorteos e exposicións paralelas

A Feira de Antigüidades de Sarria aposta este ano pola decoración, cun toque “vintage”, para achegarse ós novos tempos. Arquivo EC.

Xa son dezaoito os anos que cumple a Feira de San Lázaro, o tradicional e recoñecido evento que convirte a Sarria na capital galega das antigüidades. Esta traxectoria ven de reforzarse dende hai dous anos coa entrada na organización do Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración do Concello de Sarria, dentro do proxecto Eixo Interior, o que está a permitir que este ano a Feira sarriana medre ata acadar os 20 expositores, según explicou a concelleira de Turismo, María Ana de Jesús Fernández.

APOSTA POLA FORMACIÓN DOS ANTICUARIOS

“Gracias ao Centro de Referencia, podemos explotar as capacidades desta Feira, aumentando o número de actividades paralelas, e ofrecendo un calendario de talleres e cursos ó longo do ano”, precisou a concelleira de Turismo, que adiantou a celebración, os domingos do mes de abril, dun curso de catalogación dirixido ós anticuarios profesionais. “Buscamos o horario máis compatible coa súa actividade”, precisou Fernández, “e tamén seguir apostando por ofrecer formación de calidade aos anticuarios, tratando de que haxa xente que atope neste sector unha adicación profesional, e apoiando a formación dos xa existentes”. María Ana de Jesús Fernández precisou que “a Feira é a culminación de todo un ano de actividades e traballo”, e por iso organizouse como antesala deste evento, as II Xornadas de anticuarios da Eurorrexión, que se celebrarán na Casa da Cultura de Sarria o xoves 4 de abril. Estas xornadas son un punto de encontro para os profesionais, con conferencias sobre o sector, últimas tendencias, e vinculación co Camiño de Santiago.

“ACTUALIZAR” AS ANTIGÜIDADES

Ademáis do carácter de encontro profesional que supón a Feira de Sarria para os anticuarios locais, o gran público está invitado a disfrutar, durante a fin de semana do 6 e 7 de abril, a unha oferta de actividades paralelas ó mercado das antigüidades, que este ano conta coa participación de 20 expositores, dos que 13 proceden de fóra da comarca. Os postos, situados nas rúas do Porvir e Marqués de Ugena, estarán abertos en horario continuo de 11 a 20 horas, e sen olvidar o tradicional protagonismo do moble antiguo, nesta edición apostarase polo pequeno obxecto, orientado ó coleccionismo e á decoración cun toque “vintage”. Esta renovación cara as novas tendencias ven acompañada por unha cartelería máis actual, “de xeito que a nova imaxe da Feira de Antigüidades transmita unha mensaxe de modernidade, un evento atractivo e adaptado ás últimas tendencias”, suliña a concelleira de Turismo. “Queremos aportar variedade e calidade, sen perder a singularidade da nosa Feira”, explica Fernández.

ACTIVIDADES E SORTEOS

Se o ano pasado, a Feira de Antigüidades de Sarria congregou a preto de 8.000 visitantes, o calendario de actos para esta edición busca mellorar ese rexistro. A Casa da Cultura de Sarria acollerá, en horario de 11 a 14 horas, e de 16 a 20 horas, unha exposición sobre instrumentos históricos, a colección de bonecas de dona Elena Pardo Reguera (cedida polo Museo Provincial, e que recolle pezas de finais do século XIX e principios do XX elaboradas con medias vellas, representando esceas e personaxes tradicionais), e as Pampórnigas de Sarria. Haberá asimesmo un obradoiro-concerto de instrumentos históricos, dirixido a todos os públicos pero sobre todo ós cativos, que farán unha viaxe a través da evolución destes obxectos. Pola súa parte, o taller de Rodim abrirá as súas portas en horario de mañá e tarde, así como o obradoiro de Luthería Medieval de Germán Arias, xa en horario de tarde. A carpa da Rúa do Porvir amosará os traballos dos alumnos do obradoiro de talla en madeira organizado por Sarricanta, así como as pezas do obradoiro Ceramica Normand, de Barcelos (Portugal). Entre os compradores da Feira realizarase un sorteo diario de produtos tradicionais da Eurorrexión e antigüidades.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A agricultura ecolóxica está de moda

Seguinte Nova

Os monfortinos Alejandro Fernández (7 anos) e Samuel López (17 anos), ó Campionato de España de Taekwondo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

   
A %d blogueros les gusta esto: