Brollón incorpora novas infraestruturas de abastecemento e de ocio nas parroquias

Responden ás demandas dos veciños

Estas actuacións da Deputación de Lugo complétanse co arranxo de 45 quilómetros de estradas en 10 parroquias deste municipio

O presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, visitou cos veciños da parroquia de A Estación, en A Pobra do Brollón, o resultado do arranxo da traída de auga. FC.

Mellorar os servizos dos núcleos poboacionais son os obxectivos das obras que está a rematar a Deputación de Lugo en diversos puntos da nosa comarca. Así, neste mes finalizaron os traballos desenvolvidos nas parroquias de A Estación e Salcedo, e que tiveron como resultado dúas actuacións que foran demandadas pola veciñanza en resposta ás súas necesidades.

MÁIS CAPACIDADE NA TRAÍDA DE AUGA NA ESTACIÓN

A mellora do abastecemento de auga centrou a actuación na parroquia de A Estación, onde o ente provincial investiu preto de 12.000 euros na recuperación dunha mina construída en 1970 para conducir un manancial de auga e servir á traída de auga, e que nunca se chegou a completar. Según sinalaron os responsables municipais, os máis de 150 veciños da zona viñan sufrindo deficiencias no suministro de auga, e incluso quedando en ocasións sen este servizo básico. Esta obra amplía a capacidade do pozo, e evita que os veciños teñan que acudir a outras fontes de auga.

ZONA VERDE E DE OCIO INFANTIL EN SALCEDO

Pola súa banda, a parroquia de Salcedo conta xa coa súa primeira zona verde na coñecida como Aira do Concello. Un espazo público cuxo acondicionamento os veciños viñan demandando dende hai tempo, e que a partir de agora xa conta con zonas de esparcemento con mesas e bancos, e incluso con instalacións de ocio infantil. Este uso lúdico era un dos aspectos máis solicitados pola veciñanza, nunha parroquia moi dinámica e na que destaca a alta porcentaxe de menores, que supoñen o 30% da poboación de Salcedo. As actuacións que o organismo provincial ven de completar nesta parroquia de A Pobra do Brollón supuxeron un investimento de 11.250 euros. Ademais destas actuacións puntuais, a Deputación de Lugo está a aforrar custes ós concellos ó habilitar o equipamento necesario para o arranxo de viais municipais. Un total de 21 concellos benefícianse destas actuacións, que no sur de Lugo realizáronse en Bóveda, O Incio, Monforte, Samos, Sober e A Pobra do Brollón. Neste último concello, as actuacións supuxeron o arranxo de 45 quilómetros de estradas de titularidade municipal, que consistiron na apertura, limpeza e ensanche de camiños. O mandatario provincial achegouse a Brollón para coñecer o estado dos traballos, e destacou que as obras mellorarán as comunicacións viarias de 10 parroquias, con beneficio para os 1.300 veciños destes núcleos rurais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta pon en marcha un paquete de medidas para incentivar a compra de solo industrial

Seguinte Nova

Literatura á xaponesa

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio