O Gimnasio Neka remata a temporada con once novas medallas

Yago García acadou o ouro no Open de Basauri coa selección galega, e os de Neka lograron dez metais no Torneo Internacional Cidade de Ourense

Un momento da participación dos deportistas do Gimnasio Neka, de Monforte, no Torneo Internacional Cidade de Ourense, onde acadaron dez medallas. (Foto cedida).

O Gimnasio Neka de Monforte ven de completar nestes días unha espectacular temporada, que tivo o seu broche de ouro co primeiro posto de Yago García no Open de Basauri, celebrado a comezos deste mes, e coa consecución de dez medallas no Torneo Internacional Cidade de Ourense, disputado a mediados de xuño.

TRAXECTORIA “IMPRESIONANTE” DO XOVEN TAEKWONDISTA YAGO GARCÍA

O adestrador e xerente do Gimnasio Neka, José Mª Vega, destacou a “impresionante traxectoria” de Yago García, “que este ano está imparable, e que gañou medalla en todas as probas menos unha”.

DEZ MEDALLAS NA PROBA DE OURENSE, CON TRIUNFO SOBRE A ACTUAL CAMPIONA GALEGA DE TAEKWONDO

Por outra banda, Vega suliñou o “gran éxito” da participación dos deportistas de Neka na proba de Ourense, que rematou cunha ducia de medallas “que puideron e deberon ser outras seis máis, se non fora pola pésima actuación dalgúns árbitros”, dos que Vega lamentou a súa “inexplicable” actuación. A pesares de todo, o traballo dos rapaces e rapazas de Neka é indiscutible, como proba o feito de que Sabela González disputou con éxito o ouro á actual campiona galega. Ademais da medalla de ouro de Sabela, o Gimnasio Neka acaparou tres pratas, con Luis Somoza, Samuel López e Cristopher Elías. Completaron este palmarés impresionante os seis bronces acadados por Antía Fernández, Miriam Valcárcel, José Roca, Julio López, José Luis Rodríguez e Allan Guagua. José Mª Vega amosou a súa satisfacción por este ano de éxitos, “xa que levamos medalla en todas as probas ás que fomos, e o número de licencias segue aumentando, polo que estamos moi contentos”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Deportivo realizará a pretemporada en Monforte

Seguinte Nova

6 rapaces e rapazas do sur de Lugo, entre os 34 premiados nas Letras Galegas provincial

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: