Viño e románico, principais atractivos para os visitantes da comarca de Lemos

Según os datos de xuño da oficina de turismo do Centro do Viño de Monforte

•Máis de 600 persoas pasaron por este punto de información en xuño •Os pontevedreses son os galegos que máis nos visitaron •Do estranxeiro, foron sobre todo franceses, americanos e ingleses •Madrid e Barcelona, as cidades españolas que máis turistas nos enviaron en xuño

Máis de 200 persoas que se achegaron á oficina de turismo do Centro do Viño de Monforte aproveitaron para visitar o Museo do Viño, instalado nestas mesmes dependencias. Arquivo EC.

A oficina de turismo do Centro do Viño de Monforte de Lemos rexistrou un total de 605 visitantes, que se achegaron a este punto de información durante o mes de xuño para coñecer os atractivos turísticos da cidade do Cabe e da comarca de Lemos, así como da Ribeira Sacra.

SORPRESA DOS VISITANTES POLA CANTIDADE DE RECURSOS TURÍSTICOS EXISTENTES NESTA ZONA

O mundo e a cultura do viño desta zona e o patrimonio monumental vinculado ó románico son os principais atractivos que moveron a estes visitantes a achegarse á nosa terra, aínda que, según informaron os responsables da oficina de turismo, os consultantes amosaron de xeito maioritario a súa sorpresa pola ampla diversidade de recursos turísticos que ofrece esta zona. Neste punto, cabe sinalar que o propio Centro do Viño, que acolle o Museo do Viño da Ribeira Sacra, funciona como un importante recurso turístico, ó recibir neste mes de xuño un total de 220 visitantes.

ESTRANXEIROS EUROPEOS, E NACIONAIS DENDE MADRID E BARCELONA

Según as estadísticas presentadas pola oficina de turismo do Centro do Viño, o mes de xuño abriuse con ampla presencia de turistas estranxeiros, sobre todo franceses, americanos e ingleses, aínda que tamén pasaron por este punto de información viaxeiros chegados de Holanda, Alemania, Bélgica, Irlanda, Portugal, México e Uruguay. A medida que avanzaba o mes, os turistas nacionais foron gañando terreo, con presencia maioritaria de madrileños e barceloneses.

MONFORTE, LUGAR DE PASO NOS ITINERARIOS NACIONAIS CARA AS RÍAS OU SANTIAGO

Para estes visitantes, Monforte segue a ser un lugar de paso cara as Rías Baixas, Santiago ou Rías Altas, cunha estancia media na nosa cidade de tres ou catro días. Os aloxamentos elixidos maioritariamente foron o Parador de San Vicente, o de Santo Estevo de Ribas de Sil, e o Hotel Balneario Augas Santas, en Pantón. Respecto ós visitantes galegos, son os pontevedreses os que máis viñeron a Monforte, rexistrándose 100 persoas no mes de xuño, seguidos de lucenses, con 78 persoas, e coruñeses, con 53 visitantes, e cunha estancia media na nosa cidade de un ou dous días.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os Mercados de Monforte, todas as fins de semana de agosto con produtos da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Programa Conciénciate: saúde e lecer entre veciños para darlle vida ós anos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: