Nova reunión de traballo sobre o plan de emerxencia das presas de Belesar e Os Peares

“Estreita colaboración” entre a Xunta e a empresa Gas Natural Fenosa

Na reunión de traballo celebrada en O Saviñao participaron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de O Saviñao, Joaquín González; o rexedor de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o alcalde de Carballedo, Julio Yebra; ademáis de responsables da empresa Gas Natural Fenosa, da Subdelegación do Goberno en Lugo, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e dos servizos de Protección Civil e de Prevención e Análise de Riscos. GPDTL
Na reunión de traballo celebrada en O Saviñao participaron a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de O Saviñao, Joaquín González; o rexedor de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; o alcalde de Pantón, José Luis Álvarez; o alcalde de Carballedo, Julio Yebra; ademáis de responsables da empresa Gas Natural Fenosa, da Subdelegación do Goberno en Lugo, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e dos servizos de Protección Civil e de Prevención e Análise de Riscos. GPDTL

O 25 de febreiro celebrouse no Concello de O Saviñao unha sesión de traballo sobre a implantación dos plans de emerxencias para as presas de Belesar e Os Peares, xestionadas pola empresa Gas Natural Fenosa. A xuntanza contou coa participación da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e os alcaldes de O Saviñao, Joaquín González; Pantón, José Luis Álvarez; de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; e Carballedo, Julio Yebra, ademáis de representantes da empresa Gas Natural Fenosa, da Subdelegación do Goberno en Lugo, da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, e dos servizos de Protección Civil e de Prevención e Análise de Riscos, ambos da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior.

CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE AUTOPROTECCIÓN NESTE ANO

Arias resaltou a “estreita” colaboración entre a empresa que xestiona as dúas grandes presas do sur de Lugo e os servizos de emerxencia da Xunta, que “van a ofrecer apoio técnico para a redaccións dos plans de actuación municipais”, determinando os puntos de encontro en caso de evacuación, ou informar “a todos os axentes implicados de como actuar de producirse un accidente”. A delegada territorial sinalou que “a poboación debe estar tranquila”, e precisou que “aínda que o risco de que un situación así se produza é moi reducido, é precisa a implantación e difusión entre os habitantes destes plans de emerxencia para minimizar os efectos dun accidente chegado o caso”. Os responsables da empresa e da Xunta anunciaron que nos vindeiros meses deseñarase a campaña de información á veciñanza sobre as medidas de autoprotección que deben adoptar no caso de que se active o plan de emerxencia. O obxectivo é informar ao longo deste ano á poboación de Chantada, Carballedo, O Saviñao e Pantón, dando conta das medidas necesarias a adoptar en caso de producirse rotura nalgunha das presas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O IES Daviña Rei acondicionará a pista polideportiva con céspede artificial

Seguinte Nova

Educación asinou contratos-programa con 38 centros educativos da nosa provincia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss