O Diario Oficial de Galicia do 18 de marzo publicou a convocatoria de subvencións para proxectos dinamizadores das áreas rurais de Galicia promovidos por microempresas para o uso das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). A Xunta destina a estas axudas 441.000 euros, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013, e xestionadas por AGADER. As axudas van destinadas á implantación de equipamento físico e aplicacións informáticas, para que as microempresas aproveiten as TIC, xunto co acceso a internet de calidade, no seu proceso de negocio. As axudas poden chegar ata un máximo do 50% dos investimentos subvencionables (a máxima prevista no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2007-2013), e ata un máximo de 30.000 euros de subvención por beneficiario, sendo 4.000 euros o investimento mínimo esixido.•
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
• A zona contará cunha lanzadeira de Escairón á Praia da Cova, un manual de boas
• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución
• A Deputación de Lugo aceptou o investimento concedido pola entidade pública Red.es para desenvolver o
• O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde e o Alcalde