•O OCA Augas Santa acolleu o Circuito Match Quality Golf 2014 e o Torneo Semana Santa 2014, cun total de 150 xogadores
• As instalacións do complexo OCA Augas Santas de golf foron o escenario dunha intensa actividade deportiva durante a Semana Santa. O domingo 13 de abril disputouse unha das probas do Circuito Match Quality Golf 2014, que congregou a 70 participantes. Esta proba, clasificatoria para a final nacional, tivo como vencedor scratch ó lucense Eduardo Vázquez Río. Na primeira categoría masculina gañou Manuel Blanco Guerra, de Ourense, seguido do monfortino Juan Carlos Pérez “Kukín”. O vencedor da segunda categoría masculina foi Jesús Quiñones, da Federación Castellano-leonesa, seguido de Santiago Luis Murillo, do RAC. En damas, venceu a leonesa Ervigia Ramírez, seguida da local Fátima Franco. O premio para a bola máis cercana no 10 foi para o xogador de Augas Santas José Montes. A gañadora das probas combinadas de Mondariz e Augas Santas foi Yolanda Iglesias, de Golf Mondariz.
O 18 e 19 de abril disputouse o Torneo Semana Santa 2014, patrocinado por OCA Hotels, El Corte Inglés, Martín Codax, A Campiña y Cadena Master, e no que participaron 80 xogadores. O vencedor absoluto foi o sarrián Marcos Díaz Otero, e na primeira categoría gañou o local Jorge Sixto, seguido do madrileño Miguel Daza. Na segunda categoría gañou o sarrián Miguel A.Martínez Quintana, e a mellor dama foi a local Pilar Gómez Centeno.•