A igrexa de San Miguel de Eiré , vindeira cita cos Concertos de Verán da Ribeira Sacra

•Terá lugar o domingo 13 de xullo ás 18 horas •O concerto estará a cargo do coro Vox Stellae con acompañamento instrumental

• O Ciclo de Concertos de Verán organizado polo Consorcio de Turismo Ribeira Sacra en colaboración coa Axencia Turismo de Galicia arrincou o pasado 27 de xuño. O escenario foi o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, onde preto de 200 persoas disfrutaron das pezas de verán e primavera de Vivaldi, interpretadas pola Orquestra de Cámara de Galicia baixo a dirección de Rogelio Groba.
A segunda cita do Ciclo dos Concertos de Verán do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra terá lugar o vindeiro domingo 13 de xullo na igrexa de San Miguel de Eiré, unha das xoias do románico lucense. Neste incomparable escenario, o grupo vocal Vox Stellae interpretará, con acompañamento instrumental, o concerto «Música para o culto franciscano no Renacemento», a partir das 18 horas. Os interesados poderán adquirir as entradas no Centro do Viño de Monforte, na Casa da Cultura de Pantón, ou na tenda on line da web www.ribeirasacra.org/turismo, ou reservar no 638 823 592.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Actividades para os máis cativos no verán de Pantón

Seguinte Nova

Jesús R. Montero expón en Bóveda fotografías sobre o tren e a paisaxe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss