O Campionato Galego de Billar a tres bandas celebrado en Chantada rematou con victoria local

•Francisco José Lorenzo, do Club Billar Casino de Chantada, proclamouse campión galego •Éxito de organización neste importante evento do calendario deportivo, que supón a segunda edición do Trofeo Ribeira Sacra

Francisco José Lozano, do Club Billar Casino de Chantada, logo de proclamarse campión galego, o pasado 23 de novembro. (Foto cedida).
Francisco José Lozano, do Club Billar Casino de Chantada, logo de proclamarse campión galego, o pasado 23 de novembro. (Foto cedida).

• Durante o mes de novembro, Chantada foi a capital galega do billar a tres bandas, como sede do Campionato Galego-II Trofeo Ribeira Sacra. Esta importante proba, celebrada nas instalacións do Círculo Recreativo Casino de Chantada, contou coa participación de 47 billaristas de toda Galicia.

ALTA PARTICIPACIÓN DO CLUBE BILLAR CASINO DE CHANTADA
A victoria quedou na casa, ao proclamarse campión galego o chantadino Francisco José Lozano, logo de vencer ao rival do Club Chapela de Pontevedra na final. Xa na partida anterior tiña vencido contra a gran promesa do billar, o xove Samuel G. Ballesteros, que está a sorprender pola súa calidade de xogo.
O Clube Billar Casino de Chantada, organizador da recente edición do campionato, rematou a competición nun destacado papel. Luis Manuel Fernández completou a proba na novena posición, e Iván Núñez logrou o decimosegundo posto. Pola súa banda, os locais Jacobo Daviña, Francisco Gómez, Gilberto Rodríguez e Roberto Varela situáronse entre os postos decimo oitavo e vixésimo primeiro.

Algúns dos participantes no Campionato Galego- II Trofeo Ribeira Sacra de Billar a tres bandas, celebrado durante o mes de novembro no Casino de Chantada. (Foto cedida).
Algúns dos participantes no Campionato Galego- II Trofeo Ribeira Sacra de Billar a tres bandas, celebrado durante o mes de novembro no Casino de Chantada. (Foto cedida).

CLUBE DE REFERENCIA POLO SEU MODELO ORGANIZATIVO
Dende o Clube Billar Casino de Chantada están satisfeitos polo éxito da organización. «Foi unha experiencia moi positiva», explicou Gilberto Rodríguez, «xa que outros clubes nos están a tomar como referencia polo noso modelo organizativo». Rodríguez explicou que se está a valorar «o dinamismo deste clube, e o feito de que mova moitos xogadores dun amplo abano de idades».
Ademais, cabe salientar que todo o campionato estivo marcado «pola confraternidade e a deportividade», e que cada participante «levou o seu regalo, aínda que non acadara premio, como recordo de Chantada». Gilberto Rodríguez agradeceu a colaboración de comercios e adegas de Chantada con este evento.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O presidente da Deputación fixo a “ruta do cancro” con veciños da provincia

Seguinte Nova

O Chantada Karate Club, no podio do Campionato Galego

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: