Arrinca en febreiro a Escola Infantil de Golf en Augas Santas

O vindeiro mes de febreiro ponse en marcha a Escola Infantil de Golf 2015 nas instalacións de Augas Santas. Esta iniciativa, na que colaboran a Federación Galega de Golf e a Deputación de Lugo, está destinada a nenos e nenas da contorna de entre 6 e 18 anos.

As clases desenvolveranse as fins de semana en grupos reducidos, organizados por nivel e idade. Esta actividade desenvolverase durante os meses de febreiro, marzo e abril. A inscrición, de carácter gratuíto, inclúe as clases e o material deportivo. O obxectivo da Escola Infantil de Augas Santas é achegar aos máis novos ao golf. Máis información no teléfono 982 456 705.

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

SUPLUSA xestionará tamén en 2015 os catamaráns de titularidade provincial

Seguinte Nova

Quiroga estreou con éxito a San Silvestre solidaria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: