•Os 150 participantes na carreira-andaina aportaron 500 quilos de alimentos non perecedeiros •Ambiente festivo durante a proba, con agasallo dunha nariz vermella para os corredores
Quiroga elixiu a solidaridade e a confraternidade para despedir o ano. A estrea da carreira-andaina San Silvestre non puido ser máis satisfactoria, según destacou o concelleiro de Deportes, José Enríquez. «Non contábamos con ter tanta acollida na primeira edición». A resposta dos 150 participantes de todas as idades sorprendeu aos organizadores, nunha xornada festiva e veciñal na que se recolleron 500 quilos de alimentos non perecedeiros con destino ao Banco de Alimentos de Lugo. Esta proba non competitiva ofreceu a veciños e visitantes unha xornada divertida e familiar, na que non faltaron os sorrisos. A proba trascurriu baixo o lema «Corre por narices», e para iso todos os participantes foron agasallados cunha nariz de paiaso, coa que tomaron a saída da carreira. «De seguro que repetiremos o vindeiro ano», suliñou Enríquez.•