• Alumnado de Francés do IES Xograr Afonso entrevistou a sarriáns que residiran no estranxeiro, así como a peregrinos francófonos, nunha interesante actividade pedagóxica
•O pasado 30 de abril, un total de 37 alumnos e alumnas do IES Xograr Afonso Gómez dos cursos de 3º e 4º da ESO, e de 1º de Bacharelato, participaron nunha actividade lingüística no Camiño de Santiago, ao seu paso por Sarria, proposta polo departamento de Francés.
En primeiro lugar, entrevistáronse con persoas que residen en Sarria, e que por razóns familiares, laborais ou culturais, aprenderan francés e o empregaran con asiduidade nas súas ocupacións laborais. Persoas do Bar Camiño Francés, Restaurante Mesón Tapas, Restaurante Matías Locanda Italiana, Restaurante O Chanto, Hotel Alfonso IX, Hotel Vila de Sarria, Albergue Monasterio La Magdalena e Oficina de Turismo de Sarria, prestáronse amablemente a colaborar nesta tarefa de fines pedagóxicos.
A continuación, os alumnos buscaron peregrinos francófonos en diversos puntos do Camiño, dende Vigo de Sarria ata a Ponte Áspera, e nas estacións de bus e tren, supermercados, ou a oficina de turismo, para falar con eles en francés sobre diversos aspectos da súa viaxe.
O traballo completouse cun cuestionario gramatical, baseado en diversos monumentos de Sarria.•