•Os locais Fátima Franco e Nacho Domínguez completaron o circuíto en segunda posición
• As instalacións do campo de golf OCA Augas Santas acolleron, a última fin de semana de maio, a derradeira proba da VII Liga de Parellas Costas Galicia. Este circuíto, que se vén desenvolvendo dende o mes de novembro cun total de 45 parellas, tivo como vencedores aos vigueses Román Lorenzo e Fernando Moldes, con tres victorias e un total de 487 puntos. Os vigueses, que revalidaron así o título acadado o pasado ano, disfrutarán dunhas vacacións para 4 persoas na Illa de Madeira, agasallo de Costas Galicia para os vencedores do torneo.
En segunda posición quedaron os locais Fátima Franco e Nacho Domínguez, cunha victoria e 472 puntos. O destino turístico co que foron agasallados será O Algarve.
Finalmente, a terceira posición foi para os locais César Varela e Juan Carlos Pérez “Kukín”, con 459 puntos, polo que foron premiados cunha estancia vacacional en Portugal.•