•O Concello asinou un convenio coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas por valor de preto de 60.000 euros •A Consellería será a encargada de financiar e executar a totalidade dos traballos

• A comezos deste mes, o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, desplazouse a Santiago para asinar un convenio de colaboración coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, polo que o departamento autonómico desenvolverá melloras nas comunicacións do entorno urbano de Sober.
DETALLES DO PROXECTO QUE SE VAI REALIZAR EN SOBER
Este convenio suporá o investimento, por parte da Consellería, de preto de 60.000 euros na construción dun novo vial entre o CEIP Virxe do Carme e o centro de saúde de Sober.
Según explicaron os responsables da Consellería, o proxecto consistirá na apertura dunha vía de 110 metros de lonxitude e 12 metros de anchura, cunha calzada de 9 metros e dous carrís de 3,25 metros e dúas beirarrúas de 1,50 cada unha. As obras inclúen a pavimentación con capa de rodadura e beirarrúas con pavimento de zahorra, así como a execución de canalizacións subterráneas para as futuras instalacións eléctricas.
O PXOM INCLÚE UN PROXECTO MÁIS AMPLO NESTA ZONA DE SERVIZOS
Dende o Concello precisaron que o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Sober prevé unha vía no contorno do colexio, o centro de saúde e a residencia da terceira idade. A través desta vía darase acceso a unha parcela na que, unha vez urbanizada, se pretenden construír vivendas sociais.
O CONCELLO ASUMIRÁ A CONSERVACIÓN DESTE NOVO VIAL
Para o desenvolvemento deste proxecto, a Consellería asumirá o financiamento completo destas obras, así como a súa execución. Pola súa banda, o convenio establece que o Concello de Sober deberá poñer a disposición os terreos necesarios, e redactar os documentos técnicos que definan as obras, ademais de asumir a explotación e conservación do novo vial e os seus anexos.•