• A gañadora da campaña 60 x 1.000 de ACES-Sarria disfrutou dunha singular xornada de shopping pola vila xacobea
• A veciña de Triacastela Josefa Alonso González foi a gañadora do sorteo da campaña «60 minutos x 1.000 euros», unha iniciativa de ACES-Sarria para fomentar as compras no comercio de proximidade. O boleto dunha compra realizada por Josefa no establecemento Olver’s de Sarria foi o premiado neste sorteo, e a gañadora dispuxo de 60 minutos para gastar os 1.000 euros do premio en diversos establecementos asociados. Josefa repetiu sorte en Sarria, xa que na campaña de Nadal xa resultara premiada cun vale de compra por valor de 100 euros. Nesta segunda edición da campaña «60 x 1.000» de ACES-Sarria participaron un total de 24 establecementos: A Casa, Ara, Bambi, Bicarelo, Calzados Chabel, Calzados Gayoso, Calzados Veiga, Carlín Sarria, Colorín Colorado, Cris Abad, Dimar Hombre-Mujer-Hogar, Duet Moda, Herboristería Linva, Lar de Menchu, Lebón Descanso, Mercería Sarillo, Moncho, Olvers Sarria, Óptica Malecón, Santamarta, Senayo, Viajes Ecuador, Joyería Salgado e Federópticos Adrián Salgado.•