Selección española de técnica e galega de combate, os obxectivos do Neka para a próxima temporada

No club Neka de Monforte veñen de completar unha exitosa temporada, e logo dun descanso en agosto, voltarán á competición. Arquivo EC.
No club Neka de Monforte veñen de completar unha exitosa temporada, e logo dun descanso en agosto, voltarán á competición. Arquivo EC.

• Logo de completar unha extraordinaria temporada, na que foron campións de España infantil na modalidade de clubes, os deportistas do ximnasio Neka de Monforte disfrutarán dun merecido descanso durante o mes de agosto. “Esta temporada foi moi intensa, de moito esforzo e traballo, e penso que os rapaces e rapazas necesitan un descanso para voltar coas pilas cargadas”, explicou José María Vega, adestrador do Neka.

TEMPORADA DE GRANDES DESAFÍOS PARA O NEKA
Aínda que o verán introduce unha paréntese na competición, dende o club Neka siguen a deseñar a vindeira temporada, que comezará en setembro, e que será unha temporada de grandes retos para os monfortinos. “Estamos moi satisfeitos de como foi este ano, fomos campións de España por clubes, temos un tricampión de España benxamín, colocamos tres rapaces no ranking da selección española de técnica, e por aí queremos ir”, suliña Vega. O adestrador do Neka márcase como obxectivo que Alex Camba, Samuel López e Carlos Rey entren o vindeiro ano na selección española. “Non pretendo que se presionen, pero ese é o obxectivo, e se se traballa ben as cousas caen polo seu peso”, precisa Vega, que recoñece a dificultade de cumplir este desafío, “aínda que non é imposible”.
Ademais do importante medalleiro acadado este ano, outros dos fitos que cumpliu o club Neka foi incrementar a súa presencia na competición de combate. “Trataremos de meter xente en selección galega, algo que sería todo un logro, suliña Vega, que xa traballa tamén para que o clube estea presente no Open de París do mes de novembro.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Recepción en San Marcos dos nenos e nenas saharauis que pasarán as vacacións con familias lucenses

Seguinte Nova

Sarria, capital do deporte base na VII edición do Campus Baloncesto no Camiño, con 135 rapaces e rapazas de toda España

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: