•Este ano haberá clases de baile galego, que serán de balde para os nenos e nenas de 3 a 6 nos matriculados en Música e Movemento
• A Escola Municipal de Música de Sober mantén aberto ata o mércores 30 de setembro o prazo de matrícula nas diversas especialidades. Como novidade, a Escola oferta este curso clases de baile galego, que se incluirá de balde na programación do alumnado de 3 a 6 anos de Música e Movemento.
En instrumento, a Escola de Sober impartirá clases de frauta traveseira, bombardino, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, trombón, tuba, percusión, piano, batería, guitarra e linguaxe musical. A partir dos tres anos tamén se imparte Música e Movemento, e a Escola ofrece asimesmo música para adultos, e a posibilidade de incorporarse ao coro. Formaranse grupos instrumentais co alumnado da Escola, que tamén poderán tomar parte da banda xuvenil.
O curso da Escola Municipal de Música de Sober comezará en outubro. A presentación oficial e recollida dos horarios terá lugar o 3 de outubro ás 12 do mediodía no Centro Sociocultural.
DESTINO Á BANDA DE SOBER
A música forma parte importante da tradición social e cultural do municipio de Sober, impulsada en torno á Banda e á Escola de Música. Según explicou o alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, o obxectivo da Escola Municipal de Música é formar ao alumnado para a súa posterior incorporación á Banda de Sober, «a principal entidade musical da comarca».•