
O maior evento ciclista español sairá de novo dende terras galegas. La Vuelta 2016 partirá dende Ourense, donde está prevista unha etapa contrarreloxo. Xa en 2013 foi Galicia o punto de partida desta proba, cunha saída espectacular dende unha batea en Vilagarcía de Arousa, e en 2014 o itinerario ciclista culminou na meta do Camiño de Santiago da capital galega. Os responsables de Turismo de Galicia destacaron a gran importancia mediática de La Vuelta, e a súa repercusión económica. Según explicou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o retorno económico de La Vuelta 2014 ao seu paso por Galicia foi de máis de 4 millóns de euros, dos que mais de 2 millóns de euros proviñeron da repercusión mediática e os mais de 1,7 millóns de euros restantes viñeron do retorno da inversión directa. Está previsto que cinco das etapas de La Vuelta 2016 discurran polas catro provincias galegas. (Foto cedida).•