Comezan as obras de mellora da LU-661 ao seu paso por Taboada

A Xunta destina preto de 400.000 euros ao arranxo de seis quilómetros deste vial Arias anunciou que haberá unha segunda fase, da que xa están a redactar o proxecto

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou o inicio dos traballos na LU-611 en Taboada, o pasado día 14. CMATI
A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, supervisou o inicio dos traballos na LU-611 en Taboada, o pasado día 14. CMATI

• A mediados deste mes, iniciáronse os traballos de melllora da estrada LU-611, ao seu paso polo municipio de Taboada. Serán un total de seis quilómetros, entre os núcleos de Taboada e Sonán, nos que se está a reparar o firme, ademais de limpar e formigonar as cunetas. Esta actuación, que estará rematada a mediados de marzo, supón un investimento de preto de 400.000 euros por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

MÁIS SEGURIDADE NA ESTRADA

O día 14, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, visitou a zona onde se están a realizar os traballos de mellora, acompañada do alcalde de Taboada, Ramiro Moure. Arias adiantou que a Consellería está a traballar xa no proxecto da segunda fase, que vai incluír outros tres quilómetros da LU-611. A delegada territorial suliñou que os traballos que desenvolve a Xunta neste tramo «van beneficiar a todos os usuarios desta vía, xa que aumenta a comodidade dos condutores, ao tempo que converte a estrada nun lugar máis seguro».•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Viaxe de Lugopatrimonio á Ulloa

Seguinte Nova

Preto de 60.000 euros en axudas para as 18 Festas de Interese Turístico da provincia de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss