Ata o 4 de decembro para solicitar en Sober as axudas ao transporte universitario

O Concello de Sober ten aberto ata o 4 de decembro o prazo de solicitude das becas de axuda ao transporte universitario para os estudantes do municipio.

A tramitación pode realizarse nas oficinas municipais, ou ben na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Sober. As persoas interesadas en optar a estas axudas deberán presentar un certificado de matrícula da Universidade onde están a realizar os seus estudos, así como un certificado do número de conta bancaria, e un certificado de empadroamento.

Según informaron dende o Concello, son máis de vinte os alumnos e alumnas de Sober que están a cursar estudos universitarios, e que poden optar a este tipo de axudas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

En marcha a Xacopedia, con toda a información sobre a cultura xacobea a un clic

Seguinte Nova

A Sociedade Filarmónica de Monforte organiza un novo concerto o luns 16 de novembro

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Únete ao reto

• A campaña da Xunta que anima a reciclar envases lixeiros coa instalación dun contedor xigante

A %d blogueros les gusta esto: