A adega chantadina Vía Romana acada o selo de Galicia Calidade

•Na actualidade, son 13 as adegas galegas recoñecidas con este distintivo, dúas delas pertencentes á Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Juan Luis Méndez, responsable de Vía Romana, en presenza do seu pai, Javier Méndez, recibiu de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o certificado do selo Galicia Calidade. (Foto: Kris Pereira's).
Juan Luis Méndez, responsable de Vía Romana, en presenza do seu pai, Javier Méndez, recibiu de mans do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, o certificado do selo Galicia Calidade. (Foto: Kris Pereira’s).

• O pasado 6 de febreiro, tivo lugar a entrega do distintivo Galicia Calidade á adega chantadina Vía Romana. O acto tivo lugar nas instalacións da empresa vitivinícola, nun acto que contou coa presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, que entregou o certificado ao responsable de Vía Romana, Juan Luis Méndez, acompañado do seu pai e representante da saga adegueira, Javier Méndez. Ademais, estiveron presentes o alcalde de Chantada, Manuel Varela, o director-xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o concelleiro do Partido Popular, Javier Rodríguez Medela.

CONDE: «VÍA ROMANA É UN REFERENTE DE EMPRESA FAMILIAR GALEGA CON EXPANSIÓN NOS MERCADOS»

Na súa intervención, o conselleiro Francisco Conde destacou que o selo Galicia Calidade «vai apuntarlar á adega Vía Romana como referente da empresa familiar galega que ten sido capaz de expandirse e competir nos mercados globais». O conselleiro destacou asimesmo que a empresa chantadina está a continuar o traxecto doutras adegas galegas «que están levando ás nosas mellores referencias vinícolas por todo o mundo baixo o selo Galicia Calidade».

UNHA NOVA ADEGA DA RIBEIRA SACRA CON ESTE DISTINTIVO

Este recoñecemento suma xa un total de 13 adegas das cinco denominacións. Na Ribeira Sacra, Vía Romana é a segunda empresa vinícola en acadar este distintivo, logo de telo conseguido Regina Viarum. Rías Baixas conta con seis adegas certificadas baixo esta marca, Monterrei suma dúas, outras dúas corresponden a Valdeorras, e O Ribeiro conta con unha adega con este distintivo.

Deste xeito, Galicia Calidade suma xa 55 empresas e máis de 350 produtos certificados. Conde destacou que, no marco da Estratexia Galicia Calidade 2014-2016, estenderase o selo a outros sectores da economía galega como o granito, a biomasa ou o turismo.•

Vía Romana súmase ao grupo das 13 adegas galegas co distintivo Galicia Calidade, sendo a segunda da Denominación Ribeira Sacra que a consigue. (Foto: Kris Pereira's).
Vía Romana súmase ao grupo das 13 adegas galegas co distintivo Galicia Calidade, sendo a segunda da Denominación Ribeira Sacra que a consigue. (Foto: Kris Pereira’s).

•O grupo chantadino ViniGalicia, presente en preto de 30 países

• Durante o acto de entrega do selo Galicia Calidade nas instalacións de Vía Romana na parroquia chantadina de A Ermida, o conselleiro Francisco Conde lembrou que esta adega caracterízase «por unha forma distinta e galega de facer as cousas, plenamente comprometida coa calidade, a través das máis modernas técnicas de tratamento e elaboración dos viños, unidas á gran calidade da materia prima e a exhaustivos controis de calidade».

Según precisaron os responsables da adega, en Vía Romana «mímanse os viños sen présa, tanto no depósito como en barrica, e non saen ao mercado ata despois dun ano como mínimo», o que lle confire «un posto emblemático e único entre os tintos galegos».

Vía Romana arrincou en 1998, e a través da empresa matriz Vinigalicia, ten presenza en preto de 30 países, exportando o 40% da súa producción. Esta empresa consolídase como unha das máis importantes do sector en Galicia sumando viños de Ribeira Sacra, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras, entre outros, ademais de augardentes e licores, vinos espumosos, de cociña, sangría e aceites.

Esta adega familiar arrincou en 1940 por iniciativa de Manuel Méndez, saga continuada xa pola terceira xeración, representada por Juan Luis Méndez. A edificación do século XVI que acolle a adega en A Ermida recibe visitas diarias de luns a sábado para coñecer a singularidade da súa labor vinícola, e actúa como importante atractivo das actividades de enoturismo da Ribeira Sacra.•

 

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta expediu en 2015 máis de 7.300 carnés de manipulador de fitosanitarios

Seguinte Nova

Esixen máis seguridade nas tres rotondas monfortinas do novo corredor

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss