O Río Cabe acolleu a segunda proba do ranking galego de pitch&putt con victoria local

•O pasado 20 de marzo, as instalacións do Club de Golf Río Cabe de Monforte acolleron a segunda proba do ranking galego de pitch&putt, e que rematou con dobre victoria local.

REÑONES, GAÑADOR SCRATCH

Por unha banda, o gañador scratch foi o xogador monfortino José Ángel Pérez Reñones, que firmou un excelente resultado de 51 golpes. Dende a Federación Galega de Golf lembran o amplo palmarés de Reñones, que en 2015 alzouse como vencedor da final do ranking nacional de pitch&putt, e tomou parte no equipo español que gañou o Open de Praga nesta modalidade. Ademais, Reñones foi Campión de España Senior en 2014, e Campión de España Absoluto en 2008.

O segundo posto foi para o local Juan Rodríguez Ferreiro, con 56 golpes, e no terceiro empataron con 57 golpes Enrique Rama, de Barbanza, e o local Eduardo Varela Puga.

Ademais, Varela foi gañador handicap, logo de empatar a catro con Rama, Fernando Rodríguez e José Luis Sánchez.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Juan Antonio Gude e Luisa González Somoza, vencedores na XII Carreira Popular Feira do Viño de Quiroga

Seguinte Nova

A Deputación de Lugo aproba o Orzamento para este ano de 96,3 millóns de euros

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: